viernes, 6 de enero de 2012

O FIN DE NADALXOGO 2011









Onte puxemos fin a 9 intensos días no Programa Municipal de Conciliación NADALXOGO 2011. Con moita alegría, entusiasmo, ganas,… e tamén algo de tristeza por que se acabe, tódolos nenos prepararon unhas actuacións para que os papás e todos os que quixeran puidesen ver o noso traballo.
E sabedes quen presentou toda a gala? O PAXE REAL, si, leestedes ben, foi un dos paxes reais quen estivo con nos durante todas as actuacións, e dous representantes de cada centro leváronlle as súas caixas de correos coas cartas que habíamos escrito a tódolos nenos.
Comezamos a gala cun mural dando a benvida a tódolos asistentes, que prepararon  os nenos con moito esforzo onde se podía ler : BENVIDOS A UN NADAL PARA LEMBRAR!
De súpeto asaltou a gala un pequeno trasno, que os nenos xa coñecíamos, porque veu outro día a facer das súas … roubábanos as diademas, collíanos o material,… en fin que é un pouco traveso. O trasno avisaba ao Paxe de que algo ía pasar, cando apareceron uns saxofonistas, unhas bailarinas, e uns ladróns que querían roubar os regalos da árbore, pero pronto apareceu a policía que detivo a todos os ladróns.
PUBLICIDADE!!!
Pois si, a gala tamén tiña publicidade, pero feita tamén polos nenos, que representaron o anuncio de ¡HOLA SON EDU, FELIZ NADAL! e o famoso anuncio de ¡FREIXENET!
Continúa a gala coa representación dos máis pequenos que bailaron ao son de BLANCA NAVIDAD!!!! Coas mans brancas como se fosen copiños de neve.
Algo de teatro… tamén houbo unha representación teatral, na que uns ogros querían estragar o Nadal a un duendecillo, pero como vos podedes imaxinar iso non chegou a ocorrer.
De volta a publicidade, esta vez cos anuncios do CALVO DA LOTERÍA e as BONECAS DE FAMOSA.
Moita marcha tivo a seguinte actuación, onde os nenos se moveron ao ritmo de MI BURRITO SABANERO, que acompañaron con cunchas de vieiras e por maracas de propia creación.
E nestes días tamén aprendemos un pouquiño de cociña e os nenos quixeron compartir unha receita que aconsellamos a todos, é unha receita para UN NADAL PARA LEMBRAR…
100 GR de diversión
200 gr de alegría
500 gr de maxia
600 gr de amizade
250 gr de fantasía
E para finalizar a receita apareceu o gran CHEF, que bailou una canción con todos os nenos.
A cousa xa está rematando… así formamos filas e demos paso a actuación final, DEPORTES, que acompañados das súas raquetas, paus de béisbol, balón,… fixeron a coreografía de ROKY!
Pero isto non podía rematar sen a esperada visita…. O BURRIÑO DONKEY!!!! Que todos os nenos estaban a esperar e xuntos cantaron e bailaron a súa canción.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A TODOS!!
Esto non é unha despedida, é un hasta pronto.
FOI UN PRACER COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CON TODOS VOS!!!
¡FELICES REIS!

miércoles, 4 de enero de 2012

REMATAMOS NADALXOGO 2011

Hoxe foi o día da nosa despedida e como ben vos dixemos onte, estivemos no C.E.I.P. Pío XII cos nen@s que pasaron o seu Nadalxogo alí e mailos compañeir@s do C.E.I.P. Fontiñas. Foi un día distinto, xa que desde primeira hora da mañá, os máis madrugadores, claro, estivemos nun colexio novo, con nen@s que non coñeciamos. Iso si, así foi unha forma de facermos novos amig@s aínda que só fose por un día, ou quen o sabe?,  igual nos voltamos ver en breve e isto foi o comezo dunha nova amizade.
Por ser un  día especial, pois non fixemos actividades... cantamos, xogamos e fixemos o noso ensaio previo á gala que tiñamos preparada para todos os papás, as mamás, as autoridades e para nós mesmos, pois cada un tiñamos actividades diferentes e non coñeciamos as actuacións dos nosos compañeir@s.  E aquí estamos todos xuntos:
Veunos o Paxe Real, entregámoslle os nosos buzóns,;volveunos visitar o Duende travieso que, como non, fixo das súas; tamén voltamos a ver o Chef e, o que non podía faltar era o noso gran amigo Donkey, que creo que a todos nos encantou!!!
E nós actuamos: houbo un roubo de regalos, anuncios de publicidade, a interpretación de "Blanca Navidad", teatro "Historia dun duende de Nadal", interpretación de "Burrito Sabanero", elaboración dunha receta máxica de Nadal, deportes, bailamos con Donkey e un ratiño de baile e degustación dos traballos culinarios.
Para rematar, dicir que encantados de coñecer a tod@s @s nos@s compañeir@s, dar as grazas aos representantes do concello por viren a vernos e ao mesmo tempo ao concello por darnos a oportunidade de pasar unhas vacacións en Nadalxogo. Tampouco nos esquecemos de dar as grazas a todas as mamás, aos papás e demáis familiares por compartir connosco o último día, e tan só dicir, que esperamos que isto se poida volver a repetir!!

martes, 3 de enero de 2012

O NOSO PENÚLTIMO DÍA DE NADALXOGO

Hoxe foi o noso penúltimo día deste Nadalxogo 2011 e foi o último no C.E.I.P. Ramón Cabanillas, xa que mañá lembrámoslles a todos que iremos ao C.E.I.P. Pío XII, ao que tamén irán os nosos compañeiros do C.E.I.P. Fontiñas para facer unha gran festa... Así que hoxe tivemos unha chea de preparativos para esa gran gala! Pero tamén aprendemos a facer cousas novas, cociñamos galletas e frosties....Ñam, ñam!!

Escribimos a nosa carta aos Reis Magos, porque o venres saberedes que día é, non?

E como o Paxe Real nos dixo o día que estivo no Obradoiro o día 28, que ía vir mañá, pois fixemos un buzón para darlle, e así que non se perda ningunha...

Dos nosos ensaios non vos imos a amosar nada, porque queremos que sea un segredo e que mañá vos levedes unha sorpresa....
E tamén tivemos un momentiño para cantar e escoitar unhas historias moi bonitas e relaxantes...

Así que mañá, esperámosvos a tod@s os papás e mamás, imáns, avós... ás 12:00 do mediodía, NON VOS ESQUEZADES!!!

Martes, 3 de Xaneiro de 2012

Hola a tod@a. Aquí estamos un día mais comentando o noso día de gran diversión e ledicia!!!!
Co sa sabemos queda moi pouquiño para o ramate do programa de conciliación, entón con vistas a gala final, durante a primeira hora fixemos un taller de cociña moi guai que consistía nuns bombóns de bizcocho e chocolate ke nos kedaron riquísimos, ainda que tod@s quedamos un pouco tristes xa que o rematalos non os puidemos comer, pero esperamos podelos degustar mañan durante a gala. Pero eso sí, de vez en cando si que levamos un pouquiño de bizcocho a boca e como non de chocolate..... mmmmm que rico!!!!!! E que finalmente non puidemos cos tentacidón.Jajaja.
Despois da merenda, fixemos moitas cousas!!!!!!escribímoslle a carta os Reis Magos, rematamos os botes coas nosas fotos e como non!!! ensaiamos cada grupo a súa actividade para representar na gala.
Para facer máis doado a realización das actividades, a primeira hora realizaron a metade dos grupos o taller de cociñe e despois as actividades, e a outra metade fixo o revés.
QUE NOS ESPERARÁ MAÑA NA GALA???? Que nervios e cnatas ganas de que chegue o momento!!

Luns 2 de Xaneiro de 2012

Onte foi un día moi, moi completiño con obradoiros, gran xogo de pistas e moito ensaio para esa Gran Gala Final que seguro sorprenderá a todas! Non a podedes perder!

Estivemos argallando como meter a nosa foto nun bote, que o mesmo tempo estivera cheo de auga con purpurina e colores e ao axitalo convertira o noso retrato nunha festa!!!!!!

Despois da merenda un Gran Xogo ocupou o noso tempo. Fixemos os grupos mesturando tódalas idades, todo un encontro interxeracional, os maiores coidando dos pequenos e, nalgunhas ocasión, os pequenos tendo conta dos máis maiores!
Unha duende moi simpática propoñía as probas máis singulares para acadar os pedaciños de mapa que nos conduxera ata o gorriño de Papá Noel.
Outro duende estivo a molestarnos mentres faciamos as probas, roubaba cousas e gastaba moitas bromas... menudo fedello!!!
Duende das probas

UN GRAN TRABALLO DE EQUIPO!!!
... facendo unha árbore de nadal!


lunes, 2 de enero de 2012

COMEZAMOS O 2012!!!

Hola a tod@s, que tal ese comezo de ano? Esperamos que moi ben. O noso comezámolo facendo moitas actividades, á primeira hora da mañá estivemos a facer xogos; despois fixemos unha manualidade que consistiu en: plasficamos unha foto, introducímola nun tarro de cristal, botámoslle purpurina, poliespan, adornámolos con papel celofán e cintas de cores, mirade q chulos nos quedaron
E sabedes que? Que mentras estabamos a traballar, veunos un duende algo revoltoso a visitar e non vai o moi pícaro e nos roubou un dos nosos botes!!! Onde se viu!!! Menos mal que fomos moi áxiles e sáimos detrás del e o recuperamos... Estos duendes traviesos!!!! Mirade como o deixamos:
E despois os vermellos estivemos a preparar o material para a gran gala final, pero non vos ensinamos nada, que queremos darvos unha sorpresa. Os verdes e azuis fixemos un gran xogo de Nadal con diferentes probas deportivas

Unha vez rematamos... alá fomos a ensaiar o noso espectáculo para o último día.... Pero tampoucos volo imos amosar, que senón, sabedes tanto coma nós, e queremos que sexa sorpresa!!
Así nos despedimos, deica mañá. Saúdos

viernes, 30 de diciembre de 2011

GALA FIN DE ANO 2011



Ola a todos
Hoxe foi un día marabilloso,¡ tivemos a gala de fin de ano!.
Empezamos cediño ensaiando para a gala final a canción de “Blanca Navidad” o grupo dos verdes, mentres que os maiores ensaiaron as súas respectivas actuacións para o día 4 de xaneiro.   A continuación reunímonos por grupos e fomos facer os lazos para a gala de fin ano. Ás 12, saíron ó escenario dous presentadores moi pero que moi guapos, eles foron os encargados de dar as 12 badaladas, e todos xuntos  tomamos as 12 chuches que tiñamos nas nosas bolsiñas e despois tivemos unha festa, na que bailamos, corremos, xogamos á pelota, á corda, cantamos, pintámonos a cara, e por último viñeron a buscarnos os nosos papis.

A próxima semana, será un ano novo, desexando que chegue o luns para poder vervos a todos facendo as manualidades e o xogo de pistas. 
 FELIZ ANO A TODOS @S RAPACES E OS MONITORESSSSSSS
un saudo.