martes, 3 de enero de 2012

O NOSO PENÚLTIMO DÍA DE NADALXOGO

Hoxe foi o noso penúltimo día deste Nadalxogo 2011 e foi o último no C.E.I.P. Ramón Cabanillas, xa que mañá lembrámoslles a todos que iremos ao C.E.I.P. Pío XII, ao que tamén irán os nosos compañeiros do C.E.I.P. Fontiñas para facer unha gran festa... Así que hoxe tivemos unha chea de preparativos para esa gran gala! Pero tamén aprendemos a facer cousas novas, cociñamos galletas e frosties....Ñam, ñam!!

Escribimos a nosa carta aos Reis Magos, porque o venres saberedes que día é, non?

E como o Paxe Real nos dixo o día que estivo no Obradoiro o día 28, que ía vir mañá, pois fixemos un buzón para darlle, e así que non se perda ningunha...

Dos nosos ensaios non vos imos a amosar nada, porque queremos que sea un segredo e que mañá vos levedes unha sorpresa....
E tamén tivemos un momentiño para cantar e escoitar unhas historias moi bonitas e relaxantes...

Así que mañá, esperámosvos a tod@s os papás e mamás, imáns, avós... ás 12:00 do mediodía, NON VOS ESQUEZADES!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario