lunes, 2 de enero de 2012

COMEZAMOS O 2012!!!

Hola a tod@s, que tal ese comezo de ano? Esperamos que moi ben. O noso comezámolo facendo moitas actividades, á primeira hora da mañá estivemos a facer xogos; despois fixemos unha manualidade que consistiu en: plasficamos unha foto, introducímola nun tarro de cristal, botámoslle purpurina, poliespan, adornámolos con papel celofán e cintas de cores, mirade q chulos nos quedaron
E sabedes que? Que mentras estabamos a traballar, veunos un duende algo revoltoso a visitar e non vai o moi pícaro e nos roubou un dos nosos botes!!! Onde se viu!!! Menos mal que fomos moi áxiles e sáimos detrás del e o recuperamos... Estos duendes traviesos!!!! Mirade como o deixamos:
E despois os vermellos estivemos a preparar o material para a gran gala final, pero non vos ensinamos nada, que queremos darvos unha sorpresa. Os verdes e azuis fixemos un gran xogo de Nadal con diferentes probas deportivas

Unha vez rematamos... alá fomos a ensaiar o noso espectáculo para o último día.... Pero tampoucos volo imos amosar, que senón, sabedes tanto coma nós, e queremos que sexa sorpresa!!
Así nos despedimos, deica mañá. Saúdos

No hay comentarios:

Publicar un comentario