martes, 3 de enero de 2012

Luns 2 de Xaneiro de 2012

Onte foi un día moi, moi completiño con obradoiros, gran xogo de pistas e moito ensaio para esa Gran Gala Final que seguro sorprenderá a todas! Non a podedes perder!

Estivemos argallando como meter a nosa foto nun bote, que o mesmo tempo estivera cheo de auga con purpurina e colores e ao axitalo convertira o noso retrato nunha festa!!!!!!

Despois da merenda un Gran Xogo ocupou o noso tempo. Fixemos os grupos mesturando tódalas idades, todo un encontro interxeracional, os maiores coidando dos pequenos e, nalgunhas ocasión, os pequenos tendo conta dos máis maiores!
Unha duende moi simpática propoñía as probas máis singulares para acadar os pedaciños de mapa que nos conduxera ata o gorriño de Papá Noel.
Outro duende estivo a molestarnos mentres faciamos as probas, roubaba cousas e gastaba moitas bromas... menudo fedello!!!
Duende das probas

UN GRAN TRABALLO DE EQUIPO!!!
... facendo unha árbore de nadal!


No hay comentarios:

Publicar un comentario