miércoles, 4 de enero de 2012

REMATAMOS NADALXOGO 2011

Hoxe foi o día da nosa despedida e como ben vos dixemos onte, estivemos no C.E.I.P. Pío XII cos nen@s que pasaron o seu Nadalxogo alí e mailos compañeir@s do C.E.I.P. Fontiñas. Foi un día distinto, xa que desde primeira hora da mañá, os máis madrugadores, claro, estivemos nun colexio novo, con nen@s que non coñeciamos. Iso si, así foi unha forma de facermos novos amig@s aínda que só fose por un día, ou quen o sabe?,  igual nos voltamos ver en breve e isto foi o comezo dunha nova amizade.
Por ser un  día especial, pois non fixemos actividades... cantamos, xogamos e fixemos o noso ensaio previo á gala que tiñamos preparada para todos os papás, as mamás, as autoridades e para nós mesmos, pois cada un tiñamos actividades diferentes e non coñeciamos as actuacións dos nosos compañeir@s.  E aquí estamos todos xuntos:
Veunos o Paxe Real, entregámoslle os nosos buzóns,;volveunos visitar o Duende travieso que, como non, fixo das súas; tamén voltamos a ver o Chef e, o que non podía faltar era o noso gran amigo Donkey, que creo que a todos nos encantou!!!
E nós actuamos: houbo un roubo de regalos, anuncios de publicidade, a interpretación de "Blanca Navidad", teatro "Historia dun duende de Nadal", interpretación de "Burrito Sabanero", elaboración dunha receta máxica de Nadal, deportes, bailamos con Donkey e un ratiño de baile e degustación dos traballos culinarios.
Para rematar, dicir que encantados de coñecer a tod@s @s nos@s compañeir@s, dar as grazas aos representantes do concello por viren a vernos e ao mesmo tempo ao concello por darnos a oportunidade de pasar unhas vacacións en Nadalxogo. Tampouco nos esquecemos de dar as grazas a todas as mamás, aos papás e demáis familiares por compartir connosco o último día, e tan só dicir, que esperamos que isto se poida volver a repetir!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario