viernes, 30 de diciembre de 2011

GALA FIN DE ANO 2011



Ola a todos
Hoxe foi un día marabilloso,¡ tivemos a gala de fin de ano!.
Empezamos cediño ensaiando para a gala final a canción de “Blanca Navidad” o grupo dos verdes, mentres que os maiores ensaiaron as súas respectivas actuacións para o día 4 de xaneiro.   A continuación reunímonos por grupos e fomos facer os lazos para a gala de fin ano. Ás 12, saíron ó escenario dous presentadores moi pero que moi guapos, eles foron os encargados de dar as 12 badaladas, e todos xuntos  tomamos as 12 chuches que tiñamos nas nosas bolsiñas e despois tivemos unha festa, na que bailamos, corremos, xogamos á pelota, á corda, cantamos, pintámonos a cara, e por último viñeron a buscarnos os nosos papis.

A próxima semana, será un ano novo, desexando que chegue o luns para poder vervos a todos facendo as manualidades e o xogo de pistas. 
 FELIZ ANO A TODOS @S RAPACES E OS MONITORESSSSSSS
un saudo.

O NOSO FIN DE ANO!!!

Ola a todos!!! Ai que cansiños estamos.... Hoxe foi un día moi intenso, porque como mañá é o último día do ano e non iamos poder estar todos xuntos, decidimos facer unha festa por adiantado, e claro, para facer unha festa hai que primeiro preparala, adornar todo... Mirade como traballamos:











E despois de tanto traballar, mirade como nos quedou  de ben preparada a nosa festa:
con Porta de Sol, e tivemos badaladas e todo ás doce do mediodía:

E así o celebramos,

se queredes ver máis mirade o noso facebook!
Iso si, desexámosvos moi FELIZ ANO NOVO, que o 2012 sexa un ano moi bo para tod@s, que se nos cumplan tódolos nosos desexos, que tod@s sexamos moi felices e vémonos no próximo ano!!

jueves, 29 de diciembre de 2011

COMEZA A CONTA ATRÁS

Hoxe foi o noso quinto día e cada vez queda menos, só catro... Iso si, cada día facemos máis cousas, rematamos as guirnaldas, pintamos, fixemos parte do decorado para a gran gala e tivemos dúas visitas.... Unha foi a do CHEF, porque estivemos a cociñar. Queredes saber que fixemos? Pois muffins e trufas de chocolate, que si, mirade:
E o chef probounas, e aínda que tiñan que enfriar máis para estaren máis duriñas, dixo que de sabor estaban ben, iso si, tanto probar que mirade como está:

E despois tivemos máis visitas... viñeron os cans de familia, que xa puidestedes ver nas fotos dos nosos compañeiros de Fontiñas e Pío XII, e a verdade é que foi toda unha experiencia, habíaos de distintas razas, cores, tamaños... O máis impresionante, un que pesa máis de oitenta quilos. E así foi o noso día de hoxe... A ver que nos espera mañá!!!

Un día delicioooosooo!¡!¡

Hoxe tocou disfrutar na cociña!!!


Aprender e experimentar cociñando boísimas galletas, magdalenas, bizcoitos..  unha gran variedade de creatividade nas mans dos nosos rapaces.
 


Aos nosos pequenos monstruiños das galletas como lles costou resistirse para levalas á casa..
 todo un manxar!!  para chuparse os dedos!!!

Logo dun bo rato de cociña, nada como facer exercicio con xogos predeportivos interrumpido pola sorpresa da visita do GRAN CHEF!! Quen non podía faltar este día para a aprobación das esquisitas recetas e felicitar a todos moi ben polo seu gran esforzo e resultado e que nos alegrou cos seus bailes e estancia.




E como non, mañan moito mellor para despedir esta semana cunha gala de fin de ano!!!! todos elegantes!

miércoles, 28 de diciembre de 2011

SAIDA POR COMPOSTELA

Hoxe os rapaces e rapazas  de Pio XII fixemos unha saida por Santiago cos nosos monitores, para reunirnos cos nosos compis de Ramón Cabanillas e Fontiñas na praza do Obradoiro. Tiñamos duas misións a primeira, como non, pasalo ben!! e a segunda levarlle as galletiñas prometidas ó Alcalde.

Levabamos tamén uns bonequiños blancos de papel porque era o día dos Santos Inocentes, feitos polos nenos madrugadores.

Fixemos o camiño a pé, e foi moi entretido, xa que as nosas monitoras ían cantando. Cando chegamos quitamos o frio cá merenda!mmmm!!



Alí levamos unha gran sorpresa, xa que había un escenario polo que pasaron o burrito donckey (que xa votabamos de menos) , tamén actuaron as mamanuelas (que ben bailaban¡!), visitounos o gran chef (que de contado nos fará unha visitiña, para axudarnos cos nosos pratiños) e bailamos todos xuntos un montón de cancións¡!! 






Para rematar demoslle as galletiñas ó señor  Alcalde como lle prometeramos o día anterior, xa que veu a visitarnos xunto con concelleiro de educación. 






Mañá máis e mellor! 

O noso gran día!!!

Un día máis de campamento... e xa case estamos na metade!!! Hoxe foi o día da gran saída. Si, como o oídes, chegamos os máis madrugadores con ganas de facer un pouco de todo, uns adiviñamos a frase... que tiña moita lóxica do que era, estamos en NADALXOGO, e que é, pois UN NADAL PARA RECORDAR, un programa de conciliación da vida familiar e laboral, no cal, grazas ao concello podemos estar. Así que iso, ordenamos as letras e puxémolas na nosa cristaleira da entrada. Outros chegamos con ganas de facer deporte, aquí vos vai unha mostra de como nos puxemos xa a xogar:

E outros o que fixemos foi pintar uns anxiños, que de momento están a quedar así, pero seica aínda lles falta algo, pero claro, como non nos deu tempo a máis, teremos que esperar....
Pero aínda houbo otros que nos adicamos a facer guirnaldas, para a festa do día 30, de momento só fixemos estas poucas:

E nada, que xa foi hora de prepararnos, poñer as cazadoras, os nosos muñecos do INOCENTE, porque hoxe era o día dos santos inocentes... e sabedes que? Que a algún monitor gastámoslles bromas e picaron....
E así marchamos rumbo ao Obradoiro, algúns apenas viaxamos en autobús e para nós foi unha experiencia nova, co cal estabamos moi nerviosos. Chegamos á parada e esperamos polos nosos compañeiros de Fontiñas, e un pouquiño máis tarde estábannos a esperar os de Pío XII, e unha vez todos reunidos alá fomos... E quen estaba na praza? O paxe dos Reis Magos, dúas mamás noel, un duende, o noso amigo Donkey e un chef!!! Si, si, se non o credes, mirade

E a verdade, cantamos, bailamos con eles e pasámolo xenial!! Pero aínda tivemos máis sorpresas... a que non sabedes quen nos veu a saúdar? O noso alcalde xunto co concelleiro de educación! Que si, que alí subiron ao escenario o sr. Gerardo Conde Roa e o sr. Ángel Currás a falarnos, e ata se animaron a bailar un pouquiño connosco, así que temos que darlle as grazas por adicarnos uns minutiños do seu traballo e acompañarnos.

E con isto, tivemos que voltar, fixemos unha filiña e ao autobús... Cando chegamos xa estaban os papás a esperarnos e aos que non, alí nos estaba a esperar un caldo galego e unha lasaña... Que ben comemos!!


martes, 27 de diciembre de 2011

O día das visitas



Hoxe  foi un día moi especial, divertido e sorprendente.
A primeira hora tivemos o taller de danza no que por grupos de distintas edades ensaiamos distintas panxoliñas como " Blanca Navidad" e " Burrito Sabanero" e divertímonos con distintos xogos musicais. A continuación recibimos una agarimosa visita " Cans de Familia" nos que coñecimos un pouquiño máis aos cans e interactuamos peiteandoos, dándolles paseos e adiestrandoos. Tamén recibimos a visita do alcalde, sr. Conde Roa ao que lle agradecemos a súa presencia como testimonio de apoio o noso programa de conciliación familiar e laboral. Mentres sucedía todo isto faciamos no taller de cociña unhas ricas pastas e uns marcos de fotos onde aparecía Papa Noel e Donkey con todos nos. ¡¡¡Foi xenial!!! 
Maña será outro día e seguramente será igual ou máis emocinante. ¡Que ganas de que chegue xa!
Un saúdo a tod@s

E VAN TRES DÍAS....!!!

Ola a tod@s, que tal vos foi o día? Desde o C.E.I.P. Ramón Cabanillas, dicirvos que o noso foi moi intenso!!! E antes de nada, decatástedesvos de que xa vai un tercio do nadalxogo 2011? Que cada vez queda menos? Buf!! Mellor non pensalo e a gozar de todos os días que nos quedan...
Que fixemos hoxe... pois preparamos á mañá estes macaquiños
Seica son para mañá... e que día é? Quen o sabe?
Despois continuamos rematando o noso boneco de neve... que non sabemos se ensinalo ou non, xa que lle falta un pequechiño detalle. Veña, vai... que así tamén nos podedes dar unha opinión do que facemos, se vos gusta ou non, darnos ideas para melloralo, etc.
E tamén fixemos un xogo de pistas... fomos por equipos, e se virades o montón de probas que tivemos que facer!!! Todo para conseguir unhas letras e facer unha frase, que nos quedou a medias... Que estes monitores quérennos facer pensar... así que esta noite, a ver se no medio dos nosos sonos, se nos ilumina a bombilla! Temos "un" e "para"... que credes que nos pode faltar?
Despois tivemos unha visitiña moi especial, dalguén que se non fose por eles, este programa de conciliación da vida laboral e familiar, non se ía levar a cabo: o concello.... Vale... que si, que o concello non veu a vernos, pero tivemos alí a dous representantes!!! E que estabamos a facer cando chegaron, pois o equipo verde o ensaio da gala final, ao igual que os azuis, que tamén estabamos cos nosos primeiros pasos de baile (e tanto que o eran, imos ter que practicar moito!) e os vermellos, estabamos a preparar o decorado que precisamos para ese último día.... Que xa vos estou dicindo, que ese día estades convidados a participar do noso espectáculo...
E nada, ímonos despedir por hoxe... recordarvos que se queredes ver máis cousas, buscade o noso facebook, enviade unha solicitude de amizade a Nadalxogo Ramón Cabanillas, e así poderedes ver máis fotos de todo o que imos facendo!
Ai! que ademáis mañá, imos de EXCURSIÓN!!!

lunes, 26 de diciembre de 2011

Segundo día no C.E.I.P. Ramón Cabanillas

Ola a todos! Como vos foi o día? O noso moi ben, a verdade é que tivemos unha mañá movidiña.... Rematamos o noso cartel de benvida nos distintos idiomas do noso país, para iso pintamos as letras das cores das bandeiras da súa correspondente comunidade, para que vexades que nos podemos divertir e ao mesmo tempo aprender cousiñas novas, aquí vos vai unha mostra:
Despois estivemos a facer xogos de distensión... e acabamos cansiños... un deles foi o de ordes inversas, que a algúns nos costou algo máis que aos outros... e que iso de que che manden sentarse e te teñas que poñer de pé!?!?!? Onde se viu?
Tamén cantamos unha canción, que agora mesmo se vos teño que dicir como era... non sei eu se me lembrarei, porque seica matamos un piollo, que había nun pelo, no ollo dunha rá, que estaba nunha folla dun pau que estaba no medio dun furado no fondo do mar... Era así? Outra que aprendemos foi a de Poli lavanti... que divertido foi bailar iso!!!
Algo que foi moi complicado, foi o de facer unha fila na que nos ordeábamos pola idade, pero claro, non podiamos preguntar a idade dos demáis!
Despois alá estivemos a manter non sei cantos globos no aire, non podían caer ao chan, iso si, unhas veces só lles podiamos tocar coa cabeza, outras cos pés, outras coa cara.... Buf!
E despois rematamos facendo unha guerra de globos... A ver quen era o globo que sobrevivía a esa marabunta de nenos que só che querían explotar o teu... O máis divertido, eliminar aos monitores... Mirade, mirade:

E nada, que nos deu a hora de tomar a nosa merenda e despois xa nos separamos, os maiores foron a preparar a súa actuación da gran gala final, os medianos a facer o noso boneco de neve (que agora que me lembro, non lle puxemos nome... mañá haberá que bautizalo, non?) e os máis pequechos a rematar a árbore que comezamos o o venres, botade unha ollada de como traballamos:
E despois de tanto xogar e traballar, a uns chegounos a hora de ir para a casa e a outros a de xantar! E así rematamos o día, pensando no que nos esperará mañá....


UN, DOUS, TRES... PÉS QUIETOS!!

Hoxe foi un día intenso e divertido. Dende o comezo do día os xogos foron os progotagonistas da nosa mañá. As carreiras de cus, os xogos con globos, a pita cega (entre outros) sacáronnos un sorriso. Pero non quedou aí a cousa. Despois de merendar e de xogar no recreo a diversos xogos, adicamos unha parte do tempo a confeccionar unhas coroas de Nadal feitas coas nosas propias mans. QUEDÁRONNOS CHULÍSIMAS!!
Na última parte do día familiarizámonos co teatro, tanto foi así que @s compañeir@s do grupo AZUL agasalláronnos cunha divertida e marchosa obra teatral de sombras. A QUE NON SABEDES SOBRE QUE TRATABA??

"SO LLES FALTA FALAR"

Hoxe os cans do pragrama "SO LLES FALTA FALAR" visitaron os alumnos/as que participan nas actividade do PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN "NADALXOGO 2011". Unha experiencia moi especial que disfutamos enormemente.

UN COMEZO MOI ESPECIAL!!!

O venres foi un día moi especial, nas actividades do PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN "NADALXOGO 2011" todos os colexios recibiron unha visita moi especial, PAPÁ NOEL acompañado do SEU BURRIÑO DONKEY. Con eles puidemos cantar e bailar ademáis de pasar un rato moi divertido. E o mellor de todo... AS CARAS DOS MAIS PEQUENOS Ó RECIBIR ESTA INESPERADA VISITA!
Pero a mañán dou para moito, xogos de coñecemento, manualidades, murais e MOITA DIVERSIÓN!!!

domingo, 25 de diciembre de 2011

Pois a verdade é que si, foi toda unha experiencia a vivida... En Ramón Cabanillas recibiunos un reno, un duende,  mamá noel e unha reina maga.... non o credes? Pois si, é verdade.... os nosos monitores quixeron facernos un recibimento especial, representando aos personaxes máxicos destas datas.
Despois puxémonos a traballar e fixemos un mural felicitando o Nadal, mentres non nos xuntamos todos, e tamén comezamos a facer uso do noso facebook, que nos encantou!!!
Unha vez estivemos tod@s xuntos, comezamos a facer xogos de presentación, xa que moitos de nós non nos coñeciamos... Aprendemos unha canción, pois sabiamos que iamos a ter unha visita sorpresa e queriamos facer un bo recibimento, así nos deu a hora de merendar.
Unha vez enchemos as nosas barrigas, por grupos puxémonos a elaborar a decoración do noso espazo, uns facendo unha árbore, outros as bolas para poñerlle, etc.

E cando estabamos a traballar tivemos que deixar todo, porque recibimos a visita de Papá Noel co burriño Donkey.... Como nos gustou esa visita, a verdade é que o pasamos xenial!!!
Só esperamos que o luns sexa tan bo coma o venres, xa vos contaremos!
Foi toda unha aventura a que vivimos o pasado Venres no colexio Pio XII, ao igual que os nosos compañeiros de Fontiñas e Ramón Cabanillas. A chegada ao cole foi un pouco rara, xa que non nos coñecíamos e non sabíamos o que nos ía agardar. Pero pouco a pouco empezamos a coñecernos,... Os monitores fixeron unha presentación moi chula ¡TODOS SAÍRON DISFRAZADOS! e fancendo un desfile mentres nos cantábamos : ¡este rap que che vou a cantar e para os monis presentar! entón todos berrábamos o nome do monitor que saíse.
Logo fixemos xogos de presentación, onde o que importaba era coñecer os nomes dos nosos compañeiros... pero unha inesperada sorpresa fixo que deixaramos os xogos para despois,... era PAPÁ NOEL, e non viña só, estaba acompañado do seu burriño Donkey, era moi simpático... e entre os dous ensinaronnos unha canción chipichipo io, io (creo que era algo así), a ver se a volvemos a cantar porque agora non me lembro moito....
Cando marcharon aproveitamos para merendar, xa que tanto movemento abiunos o apetito.Despois de repoñer forzas continuamos facendo un obradoiro, cada grupo tiña que preparar un mural moooiii bonito, pero non vos conto para que era.... pronto o sabredes.
O día pasou moi rápido e chegou a hora de voltar cos nosos pais. Que ganas de volver o luns.... QUE OCORRERA??????
Esperamos que vos guste o noso blog. Seguiremos mantendovos informados.
Un saudo para todos os nosos seguidores.

viernes, 23 de diciembre de 2011

O comezo do nadal...

No primeiro días os rapaces recibiron a visita de Papa Noel, ca alegría de todos eles.
A continuación, realizaron diferentes manualidades: árbore de nadal, campanas, reloxo...
E por hoxe nada máis! con moitas ganas, por parte de todos, de que chegue o luns!

Un saudiño para todos!