lunes, 26 de diciembre de 2011

Segundo día no C.E.I.P. Ramón Cabanillas

Ola a todos! Como vos foi o día? O noso moi ben, a verdade é que tivemos unha mañá movidiña.... Rematamos o noso cartel de benvida nos distintos idiomas do noso país, para iso pintamos as letras das cores das bandeiras da súa correspondente comunidade, para que vexades que nos podemos divertir e ao mesmo tempo aprender cousiñas novas, aquí vos vai unha mostra:
Despois estivemos a facer xogos de distensión... e acabamos cansiños... un deles foi o de ordes inversas, que a algúns nos costou algo máis que aos outros... e que iso de que che manden sentarse e te teñas que poñer de pé!?!?!? Onde se viu?
Tamén cantamos unha canción, que agora mesmo se vos teño que dicir como era... non sei eu se me lembrarei, porque seica matamos un piollo, que había nun pelo, no ollo dunha rá, que estaba nunha folla dun pau que estaba no medio dun furado no fondo do mar... Era así? Outra que aprendemos foi a de Poli lavanti... que divertido foi bailar iso!!!
Algo que foi moi complicado, foi o de facer unha fila na que nos ordeábamos pola idade, pero claro, non podiamos preguntar a idade dos demáis!
Despois alá estivemos a manter non sei cantos globos no aire, non podían caer ao chan, iso si, unhas veces só lles podiamos tocar coa cabeza, outras cos pés, outras coa cara.... Buf!
E despois rematamos facendo unha guerra de globos... A ver quen era o globo que sobrevivía a esa marabunta de nenos que só che querían explotar o teu... O máis divertido, eliminar aos monitores... Mirade, mirade:

E nada, que nos deu a hora de tomar a nosa merenda e despois xa nos separamos, os maiores foron a preparar a súa actuación da gran gala final, os medianos a facer o noso boneco de neve (que agora que me lembro, non lle puxemos nome... mañá haberá que bautizalo, non?) e os máis pequechos a rematar a árbore que comezamos o o venres, botade unha ollada de como traballamos:
E despois de tanto xogar e traballar, a uns chegounos a hora de ir para a casa e a outros a de xantar! E así rematamos o día, pensando no que nos esperará mañá....


No hay comentarios:

Publicar un comentario