miércoles, 28 de diciembre de 2011

O noso gran día!!!

Un día máis de campamento... e xa case estamos na metade!!! Hoxe foi o día da gran saída. Si, como o oídes, chegamos os máis madrugadores con ganas de facer un pouco de todo, uns adiviñamos a frase... que tiña moita lóxica do que era, estamos en NADALXOGO, e que é, pois UN NADAL PARA RECORDAR, un programa de conciliación da vida familiar e laboral, no cal, grazas ao concello podemos estar. Así que iso, ordenamos as letras e puxémolas na nosa cristaleira da entrada. Outros chegamos con ganas de facer deporte, aquí vos vai unha mostra de como nos puxemos xa a xogar:

E outros o que fixemos foi pintar uns anxiños, que de momento están a quedar así, pero seica aínda lles falta algo, pero claro, como non nos deu tempo a máis, teremos que esperar....
Pero aínda houbo otros que nos adicamos a facer guirnaldas, para a festa do día 30, de momento só fixemos estas poucas:

E nada, que xa foi hora de prepararnos, poñer as cazadoras, os nosos muñecos do INOCENTE, porque hoxe era o día dos santos inocentes... e sabedes que? Que a algún monitor gastámoslles bromas e picaron....
E así marchamos rumbo ao Obradoiro, algúns apenas viaxamos en autobús e para nós foi unha experiencia nova, co cal estabamos moi nerviosos. Chegamos á parada e esperamos polos nosos compañeiros de Fontiñas, e un pouquiño máis tarde estábannos a esperar os de Pío XII, e unha vez todos reunidos alá fomos... E quen estaba na praza? O paxe dos Reis Magos, dúas mamás noel, un duende, o noso amigo Donkey e un chef!!! Si, si, se non o credes, mirade

E a verdade, cantamos, bailamos con eles e pasámolo xenial!! Pero aínda tivemos máis sorpresas... a que non sabedes quen nos veu a saúdar? O noso alcalde xunto co concelleiro de educación! Que si, que alí subiron ao escenario o sr. Gerardo Conde Roa e o sr. Ángel Currás a falarnos, e ata se animaron a bailar un pouquiño connosco, así que temos que darlle as grazas por adicarnos uns minutiños do seu traballo e acompañarnos.

E con isto, tivemos que voltar, fixemos unha filiña e ao autobús... Cando chegamos xa estaban os papás a esperarnos e aos que non, alí nos estaba a esperar un caldo galego e unha lasaña... Que ben comemos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario