lunes, 26 de diciembre de 2011

UN, DOUS, TRES... PÉS QUIETOS!!

Hoxe foi un día intenso e divertido. Dende o comezo do día os xogos foron os progotagonistas da nosa mañá. As carreiras de cus, os xogos con globos, a pita cega (entre outros) sacáronnos un sorriso. Pero non quedou aí a cousa. Despois de merendar e de xogar no recreo a diversos xogos, adicamos unha parte do tempo a confeccionar unhas coroas de Nadal feitas coas nosas propias mans. QUEDÁRONNOS CHULÍSIMAS!!
Na última parte do día familiarizámonos co teatro, tanto foi así que @s compañeir@s do grupo AZUL agasalláronnos cunha divertida e marchosa obra teatral de sombras. A QUE NON SABEDES SOBRE QUE TRATABA??

1 comentario:

  1. Hai que dicir, que esas cororas están moi, pero que moi ben! Noraboa...
    E o da obra que fixestedes.... non tería nada que ver coa visitiña que tivemos o venres, ou?

    ResponderEliminar